Estará situada na nave de gando do Mesón e no polígono de Merelle

A ITV móbil de vehículos agrícolas prestará o seu servizo en Ordes nos vindeiros meses de novembro e decembro. 

     Concretamente situarase na nave do Mesón do Vento os días 21 e 28 de novembro de 9 a 13.30 horas. Na mesma localización estará o 20, 24, 25, 26 e 27 de novembro de 9 a 13.30 horas e de 15.15 a 18 horas. 

     Outro punto será o polígono industrial de Merelle, e máis concretamente a antiga pista de kárting. O 4 de decembro estará tan só en horario de mañá, de 9 a 13.30 horas. Xa os días 1, 2, 3, 9, 10 e 11 pasará revisión de 9 a 13.30 horas e de 15.15 a 18 horas.

   A cita previa pódese solicitar xa chamando ao teléfono 981 928 080 ou na páxina web www.sycitv.com.
 

ITV agrícola nos meses de novembro e decembro