O salón de actos do Museo do Traxe Juanjo Liñares encheuse esta fin de semana de público na presentación do último libro do escritor cercedense Ramón Vilar Landeira, Nós estamos ben, non? Unha compilación de relatos e crónicas da sociedade que Vilar Landeira publicou hai 10 anos en La Voz de Galicia edición Carballo, na sección Fóra de cobertura.

O acto contou tamén coa participación de Miguel Anxo Fernández Vello, escritor e director de Edicións Espiral Maior; e Susana García, presidenta da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes. 
 

Vilar Landeira presenta o seu último libro en Ordes