A maxia do Mago Teto sorprende en Ordes
O Mago Teto recadou esta fin de semana en Ordes co seu último espectáculo que leva por título Rock ‘N’ Magic. A cita, englobada no programa municipal Outono Cultural, non defraudou a un público que encheu o auditorio da Casa da Cultura. Adiviñacións, aparicións, ilusións máxicas… Todo ten cabida neste show.
Baixo a dirección de Fran Rei presentouse este espectáculo no que se mesturan os números de maxia máis impresionantes con clásicos do rock and roll ben coñecidos por todos e todas. O Mago Teto comparte así escenario con Fer Risco na batería e Mon Orencio na guitarra, dando vida a clásicos de Led Zeppelin, Bob Dylan ou Los Suaves, entre outros.
