Mañá venres, 3 de outubro, o salón de actos do Museo do Traxe Juanjo Liñares será punto de encontro literario ás 20 horas coa presentación de Nós estamos ben, non?, último título publicado recentemente polo escritor Ramón Vilar Landeira. Un acto no que tamén participarán Miguel Anxo Fernán Vello, escritor e director de Edicións Espiral Maior; e Susana García, presidenta da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes. 

Nós estamos ben, non? é unha compilación de relatos e crónicas da sociedade que Vilar Landeira publicou hai 10 anos en La Voz de Galicia edición Carballo, na sección Fóra de cobertura. Ao longo de máis de corenta textos, o autor, natural de Rodís (Cerceda) transita polas situacións máis mundanas e cotiás, localizadas maioritariamente dentro dunha paisaxe rural, destilando  con enorme talento o coñecemento e a aprendizaxe máis profunda e reflexiva. 
 

O escritor Ramón Vilar Landeira estará mañá venres no Museo do Traxe