Curso gratuíto de conservas
Terá lugar os días 2, 9 e 16 de outubro na aula de cociña
Curso de conservas en Ordes. Terá lugar os días 2, 9 e 16 de outubro no primeiro andar da Praza de Abastos (aula de cociña), nun horario que irá de 15.30 a 19.30 horas. As sesións van dirixidas a persoas autónomas, desempregadas e traballadoras e ten carácter gratuíto. Para inscribirse hai que chamar aos teléfonos 981 682 908 e 649 886 267.
Impartido por Coqué Saavedra, o curso está organizado polo Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas e COAG en colaboración co Concello de Ordes. Está financiado polo MAPA e Formación Agroalimentaria.
