Organizada pola AECC de Ordes, terá lugar o 19 de outubro no pavillón Castelao II. Todo o recadado será doado para investigación

O domingo 19 de outubro Ordes acollerá unha comida solidaria organizada pola Asociación Española Contra o Cancro de Ordes. Concretamente servirase no pavillón Castelao II ás 14 horas. O menú vai estar elaborado polo restaurante Casa Taboada (Touro) e os prezos serán de 45 € para as persoas adultas e de 20 € para as menores a partir de 12 anos, podéndose adquirir xa no Restaurante Hotel Barreiro ou no Café Bar Salón. Todos os cartos recadados serán doados para investigación.
 
Como é habitual neste tipo de eventos entre as entidades colaboradoras figura o Concello de Ordes.
 

Comida solidaria contra o cancro