Máis de 100 participantes compiten polo II Torneo Internacional de Xadrez
Un total de 123 xogadores e xogadoras invadiron esta fin de semana o pavillón deportivo Castelao I para desputar o II Torneo Internacional de Xadrez Concello de Ordes. Marcos Morales, mestre FIDE de nacionalidade cubana, proclamouse campión da proba, na que se repartiron premios por un valor total de 1.000 euros.
O dito torneo estivo organizado pola Escola de Xadrez Ordes en colaboración co Concello e nel participaron 24 clubs chegados de toda Galicia.
Outras entidades colaborativas foron: Club Xadrez Arteixo, Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, Federación Galega de Xadrez, Xunta de Galicia e Deporte Galego.
