A compañía Morraoconto porá en escena esta peza teatral na que aborda en clave de humor e con música en directo a perda dos seres queridos

Mañá venres, 19 de setembro, ás 20 horas no auditorio da Casa da Cultura poderase asistir de balde á representación da obra teatral Tromsø. 

Esta posta en escena aborda a vida e a morte. A perda de alguén a quen se quere dende unha perspectiva humorística. A historia está situada nos mares do norte e entre os fiordos, espazos polos que os protagonistas transitan a bordo dunha canoa, entre candorcas e arenques.

Tromsø nace da man de Rafa Martínez, quen xunto con Esther Latorre tamén se encarga da dirección. Baixo a batuta da compañía Morraoconto o elenco leva os nomes propios de Miguel Gendre, Lara Pouso e Lidia Veiga. Ao piano estarán Julia Ammerman e ao violonchelo Lucía Iglesias. Tromsø está especialmente dirixida a un público a partir dos 16 anos.

Esta actividade forma parte do ciclo Outono das Artes, levado a cabo pola Deputación da Coruña e grazas ao cal máis de 90 propostas culturais de música, danza, teatro e audiovisual chegarán ata decembro a numerosos concellos da provincia.

Este venres Tromsø chega á Casa da Cultura