O Concello destina preto de 60.000 € en axudas
O BOP de hoxe publica achegas en prol da natalidade, para deportistas individuais e vales para a adquisición de material escolar
O BOP de hoxe luns, 15 de setembro, publica a liña de axudas do Concello de Ordes para a adquisición de mate-rial escolar, en prol da natalidade e as bolsas para deportistas individuais.
Para o primeiro caso a administración local destina unha partida de 25.000 euros. A contía das axudas para educación infantil ascenden a 90 euros no caso de rendas iguais ou inferiores a 6.000 euros, mentres que para as que oscilan entre os 6.000 e 10.000 euros é de 70 euros. Para o alumnado de primaria e secundaria as achegas son de 50 e 60 euros en función da renda. O pago realizarase por medio dun vale que se poderá canxear ata o 15 de decembro nos establecementos adheridos situados no municipio.
O prazo para poder presentar as solicitudes finalizará o 17 de outubro. Entre os requisitos está o de ter que residir no Concello de Ordes, estar matriculado nun centro académico da zona e non repetir curso. A suma das bases impoñibles do IRPF dos membros da unidade familiar, dividido entre o número de membros computables da mesma, non poderá superar os 10.000 euros. No que respecta aos valores catastrais das fincas urbanas e rústicas non poderán exceder dos 35.000 e 13.000 euros respectivamente. As persoas solicitantes non poderán ter débedas na Facenda municipal, autonómica, estatal ou coa Seguridade Social. Tampouco poderán ter pen-dente de xustificación subvencións concedidas previamente polo Concello de Ordes.
Por outra banda, co obxectivo de fixar poboación e evitar o despo-boamento dende a Administración local convocan un ano máis as axudas para pais e nais que, estando empadroados en Ordes, tiveran ou adoptaran algún fillo/a ao longo do ano 2024. A contía neste caso será de 250 euros por cada menor, ascendendo ata os 300 si se presenta algunha discapaci-dade. A Concellería de Política Social destina a este fin un total de 24.000 euros.
Entre os requisitos que se deben cumprir figura que, a lo menos un dos pais, esté empadroado un mínimo de 6 meses antes da data de nacemento ou adopción. A persoa solicitante comprometerase a permanecer no padrón municipal, xunto co/ca menor, un mínimo de 3 anos establecéndose a re-sidencia habitual en calquera das parroquias de Ordes.
33 bolsas
Por último destínanse 10.000 euros ao fomento da práctica deportiva e á participación en competicións oficiais dos deportistas do municipio. Estas bolsas son compatibles con outras axudas públicas ou privadas, agás coas bolsas ADO (2024 e 2025). Concretamente concederanse 6 bolsas de 600 e 450 €, 11 bolsas de 200 € e 10 bolsas de 150 €.
Para poder optar a estas achegas hai que estar empadroado en Ordes dende hai 2 anos polo menos, ter nacionalidade española e ter nado no ano 2017 ou anteriormente. Tamén estar ao corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
O prazo de presentación das solicitudes será de vinte días hábiles a partir do día seguinte a publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coru-ña do extracto das bases publicadas na Base de Datos Nacional de Sub-vencións. De cara á xustificación as persoas beneficiarias aportarán unha descrición das actividades subvencionadas e unha relación das facturas xustificativas dos gastos do ano 2025.