Ordes celebra o Día do Deporte
O bo tempo acompañou a tarde do ven-res polo que finalmente o Día do Deporte puido desenvolverse no Campo da Feira de Ordes tal e como se tiña previsto inicialmente. Centos de veci-ños e veciñas achegáronse ata este espazo para poder desfrutar desta xornada. E moi especialmente os nenos e nenas, que tiveron a oportunida-de de poder practicar modalidades como fútbol sala, patinaxe, kickboxing, taekwondo, tenis, atletismo, natación, ciclismo, actividades ao aire libre, tiro con arco, hóckey, billar e xadrez. Nesta ocasión o Concello de Ordes contou coa participación e colaboración de: Jogafán F.S., Club Galia, Fight Club, Boudsport, escola de tenis, C. Atlética A Silva-Ordes, Club Natación Ordes, Club Ciclista SEO, Club Deportivo K2, Adarve, A.C. Ordes, Hockey Patín Zendal, Ordes Billar Club e Club Xadrez Ordes.
A última hora da tarde procedeuse co sorteo de material deportivo doado por As Puntadas, Sportec e Alpi.
