O Campo da Feira acollerá esta cita coa que o Concello quere animar á práctica daquelas modalidades con presenza no municipio. Tamén haberá sorteos gratuítos de material deportivo. 

O 12 de setembro, o vindeiro venres, é a data escollida polo Concello de Ordes para celebrar un ano máis o Día do Deporte. Unha iniciativa que pretende dar a coñecer e animar á veciñanza, especialmente aos máis novos e novas, a particar algunha das modalidades deportivas con presenza no municipio.

Os postos de cada club ou organización deportiva participante estarán instalados no Campo da Feira dende as 17 ata as 20.30 horas (polideportivos Castelao I e II en caso de chuvia). En todos eles poderase obter información e practicar as diversas disciplinas coas que se conta nesta edición. Estas son as de fútbol sala (Jogafán F.S.), patinaxe (Galia), kickboxing (Fight Club), taekwondo (Boudsport), tenis, atletismo (Atlética A Silva-Ordes), natación (Club Natación Ordes), ciclismo (Club Ciclista SEO), actividades ao aire libre (Club Deportivo K2), tiro con arco (Adarve), hóckey (A.C. Ordes e Hockey Patín Zendal), billar (Ordes Billar Club) e xadrez (Club xadrez Ordes). 

Ao longo de toda a tarde as persoas que se animen poderán facerse de balde cun boleto que irán selando a medida que pasen polos postos. Completado todo o boleto poderase participar no sorteo de material deportivo, grazas á colaboración brindada por As Puntadas, Alpi e Sportec.
 

Ordes celebra a vindeira semana o Día do Deporte