Algo máis de 800 persoas maiores de Ordes participaron esta fin de semana na tradicional xuntanza coa que cada ano o Concello lles rende homenaxe. A boa mesa, os rezos e a música en directo marcaron a xornada de celebración que arrancou a mediodía e continuou ao longo da tarde.

José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde de Ordes, e o seu equipo de goberno  ao completo respaldaron a María  Blanco Aller, directora territorial de Política Social e Igualdade, convidada especial nesta cita.
 

Máis de 800 persoas maiores de Ordes celebran a súa xuntanza anual