Os domingos de baile regresarán a partir de outubro
J. Manuel (Abanico), Dúo Marineda, Carlos Manteiga, Judith Cundins e Eric Hidalgo figuran no cartel para os dous próximos meses. As se-sións terán lugar no ximnasio Campomaior ás 19 horas
Ordes, 9 de setembro de 2025. O Concello de Ordes vén de facer público o calendario de actuacións do seu programa Domingos de baile para aos vindeiros dous meses. Despois da pausa estival o ximnasio Campomaior volverá a acoller, a partir das 19 horas, esta iniciativa gratuíta dirixida es-pecialmente aos maiores do municipio. E moi especialmente a queles/as que gusten do baile e a música en vivo.
As primeiras citas terán lugar os días 5 e 19 de outubro coas actuacións de J. Manuel (Abanico) e o Dúo Marineda. Xa de cara ao mes de novembro o día 2 será a quenda para Carlos Manteiga, o 16 para Judith Cundins e o 30 para Eric Hidalgo.
