Abre o prazo para inscribirse nos cursos de natación na Piscina Iván Raña Fuentes
As persoas empadroadas deberán facelo do 12 ao 16 de setembro e as demais terán dende o día 19 ata o 24. O trámite realizarase en liña.
Dende o 12 ata o 16 de setembro vai permanecer aberto o prazo para aquelas persoas empadroadas en Ordes que queiran apuntarse nos cursos de natación que se impartirán na piscina Iván Raña Fuentes dende outubro ata finais de decembro. Para aqueles/as que non figuren no padrón municipal poderán facelo do 19 ao 24 do mesmo mes, sempre e cando queden prazas dispoñibles.
O trámite para inscribirse haberá que facelo en liña a través do enlace https://concelloordes.com/piscinaclimatizada, a partir das 10 horas. Tamén se poderá acceder á plataforma mediante o código QR publicado nas redes sociais municipais.
Os horarios quedan establecidos do seguinte xeito:
Adultos. Nivel I:
Luns e mércores: De 20.15 a 21 h.
Martes e xoves: De 8.15 a 9 h e de 21 a 21.45 h.
Adultos. Nivel II:
Luns e mércores: De 21 a 21.45 h.
Martes e xoves: De 12 a 12.45 e de 20.15 a 21 h.
Perfeccionamento adultos:
Martes e xoves: De 20.30 a 22.15 h.
Nenos/as. Nivel 0:
Luns e mércores: De 17.45 a 18 h.
Martes e xoves: De 16.30 a 17.15 h.
Nenos/as. Nivel I:
Luns e mércores: De 16.30 a 17.15 h e de 18.45 a 19.30 h.
Martes e xoves: De 17.15 a 18h e de 18.45 a 19.30 h.
Venres: De 17.15 a 18 e de 18.45 a 19.30 h.
Sábado: De 10.30 a 11.15 h.
Nenos/as. Nivel II:
Luns e mércores: De 18 a 18.45 h e de 18.45 a 19.30 h.
Martes e xoves: De 16.30 a 17.15 e de 17.15 a 18 h.
Venres: De 18.15 a 19.30 h.
Sábado: De 11.15 a 12 h.
Nenos/as. Nivel II avanzado:
Martes e xoves: De 18 a 18.45 h.
Perfeccionamento nenos/as:
Luns e mércores: De 19.30 a 20.15 h.
Martes e xoves: De 19.30 a 20.15 h.
Bebés:
Sábado: De 9.30 a 10, de 10 a 10.30 e de 12 a 12.30 h.
As tarifas establecidas son as mesmas que en anos anteriores. Estas oscilan entre os 6,84 ou 13,63 € segundo se esté ou non abonado/a ás instalacións deportivas, ata os 17,02 ou 34,09 €.
Para poder levar a cabo os cursos será necesaria unha inscrición mínima de 9 nenos/as nos niveis I, II, III, avanzado e perfeccionamento: No caso dos niveis 0 e bebés o número mínimo establécese en 6 menores.
Para máis información pódese chamar ao teléfono 981 697 537 ou ben na propia piscina Iván Raña Fuentes.
