Está dirixido a persoas desempregadas e terá unha duración de 528 horas, cun certificado de profesionalidade de nivel 2. Dará comezo o próximo mes de decembro nas instalacións do Mesón do Vento

O departamento de Emprego do Concello de Ordes vén de anunciar a convocatoria, dirixida prioritariamente a persoas desempregadas, dun novo curso gratuíto de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais.  En total serán 528 horas, con dereito a certificado de profesionalidade de nivel 2 válido en todo país. 

      As persoas interesadas deberán inscribirse no portal de emprego da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración (https://emprego.xunta.es/diplos), ou ben acudindo a algunha das oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia.

     As sesións formativas impartiranse no centro homologado situado no Mercado Agrario Comarcal, situado no Mesón do Vento. Está previsto que o curso, cun máximo de 15 alumnos/as, dé comezo o 1 de decembro deste ano. 

     Para calquera dúbida ou consulta pódese chamar ao teléfono 981 68 00 02 (ext. 6) ou ben mediante o enderezo electrónico correo@ordes.gal.