O importe total da obra ascende a algo máis de 135.000 euros. O prazo de licitación permanecerá aberto ata o 17 de setembro  

Ata o día 17 deste mes estará aberto o prazo de licitación para as obras de humanización da rúa Emilio Pardo Bazán, situada na zona do barrio do Paraíso, dentro do casco urbano da vila de Ordes. O presuposto base de licitación ascende a 135.419,57 euros (111.917 € sen incluír o IVE).

A intervención consistirá na demolición das beirarrúas e bordo existentes, así como o da zona onde se situará o futuro aparcamento de vehículos. O pavimento das beirarrúas que se instalarán posteriormente estará composto por baldosas de formigón vibrado. A zona de aparcamento cubrirase con formigón pulido e aglomerado quente para o carril de circulación. Ambas áreas estarán delimitadas mediante baldosas de granito silvestre.

O proxecto tamén inclúe a canalización de pluviais con tubos de polipropileno corrugado e arquetas sumidoiro, ademáis da canalización do alumeado público. Xa por último contémplase o pintado e a instalación tanto da sinalización horizontal como da vertical.

O Concello de Ordes inicia os trámites para a humanización da rúa Emilia Pardo Bazán