O Concello de Ordes entregará 100 composteiros en vivendas unifamiliares. Se reside nunha vivenda illada que conte cunha parcela ou horta dun mínimo de 25m2 pode solicitalo presencialmente nas oficinas xerais do Concello de Ordes ou na sede electrónica na seguinte ligazón.

O composteiro que se entregará ten capacidade para 400 litros e debe situarse no exterior da vivenda, nunha zona sombreada e protexida das inclemencias meteorolóxicas, preferiblemente baixo unha árbore de folla caduca e en contacto directo coa terra para facilitar a entrada dos microorganismos descompoñedores.

O obxectivo da compostaxe é que a autoxestión da materia orgánica se erixa como unha práctica habitual nas zonas máis dispersas, dadas as súas incuestionables vantaxes ambientais, económicas e sociais. Trátase, en definitiva, de recuperar unha tradición asentada no rural galego, como é a segregación dos restos orgánicos para alimento do gando e/ou elaboración de compost, pero dunha forma máis óptima, hixiénica, cómoda e eficiente.
 

O Concello de Ordes pon en marcha a campaña de ‘Compostaxe Doméstica’ destinada á veciñanza.