Entrega de medallas e diplomas á rapazada dos cursos de natación
Máis de 60 nenos e nenas con idades entre os 4 e os 12 anos contan xa cos seus diplomas e medallas tras un mes dende o inicio das súas clases de natación. O acto celebrado onte na piscina do Muíño contou coa presenza tanto do alcalde de Ordes como da concelleira de Educación, que tamén fixeron entrega dunha bolsa chea de lambetadas. Concretamente trátase de rapazada que formou parte dos grupos Nivel 0, Iniciación e Perfeccionamento. Moitos e moitas deles aseguran que continuarán coas súas clases ao longo deste mes de agosto.
