AECOR Ordes lanza a campaña Oportunidades verán!
Do 7 ao 9 de agosto máis dunha vintena de establecementos de todo tipo aplicarán descontos especiais nos seus artigos e servizos. Concello de Ordes e Xunta de Galicia colaboran nesta iniciativa
O Concello de Ordes continúa a súa colaboración con AECOR Ordes na posta en marcha de iniciativas que animen ao consumo local no municipio. Nesta ocasión as novas datas sinaladas no calendario están postas para os vindeiros 7, 8 e 9 de agosto, cando se leve a cabo a campaña Oportunidades verán! Neses días máis dunha vintena de comercios de todo tipo ofrecerán descontos especiais
Deste xeito as ofertas máis destacables para este verán en Ordes poderán atoparse nos seguintes comercios: Atmósfera Sport, Sportec; Dress; Feitiños; Teresa Álvarez, A Casa das Medias; Moda Xoven A. Ferreiro; Mercería Arco Iris; Pasos; Multiópticas Verónica Dono; Mis Personajes; Unik@; La Oca Verde; Numa; Dequip Ordes; Confeccións Blanco; Tasmania; Mercería-Lencería Andrea; Calzados Capitán; Ekaté; Vexo Vexo; Óptica Pilar Mariño; Tiko Doco e Tendas Muxa.
Nesta ocasión ademais da colaboración por parte do Concello de Ordes Aecor Ordes conta tamén coa da Xunta de Galicia.