Esta mañá Susana García, concelleira de Política Social, Igualdade, Diversidade, Educación e Traballo do Concello de Ordes, fixo entrega de diplomas e lambetadas aos nenos e nenas que participaron no mes de xullo no campamento de conciliación organizado  polo seu departamento. En total foron preto de 150 nenos e nenas con idades entre os 3 e os 12 anos os que participaron neste día marcado pola  diversión grazas ás animacións, coreografías e xogos levados a cabo na praza Cidade de Veracruz. Finalmente tamén puideron desfrutar dunha xornada na piscina do Muíño.

O Summer Camp continuará ao longo do mes de agosto. O programa co que poderá desfrutar a rapazada inclúe xogos tradicionais, obradoiros creativos, música e movemento, excursións e saídas ao exterior, xornadas deportivas, traballos manuais, ciencia e natureza, ademais de moitas actividades acuáticas nas instalacións municipais.

Entrega de diplomas no Summer Camp