Recoñecemento á excelencia académica
O Concello de Ordes vén de brindarlle este luns unha homenaxe á excelencia académica a aqueles/as alumnos/as de segundo de bacharelato do IES Ordes que obtiveron matrícula de honra e os mellores expedientes na proba de acceso á universidade.
Rodeados de amigos/as, familiares e profesorado, Álex, Juan, Darío, Isabel, Ana, Jacobo, Rodrigo e Nicole recibiron o recoñecemento ao seu esforzo por parte de Manuel del Río, director do que ata o de agora foi o seu instituto. Tanto o alcalde de Ordes como a concelleira de Educación, José Luis Martínez Sanjurjo e Susana García, sumáronse aos parabéns ofrecidos. Precisamente foron os representantes locais os que tamén lle fixeron entrega dun agasallo como lembranza desta xornada.
