A compañía Desastronauts estivo esta fin de semana en Ordes para ofrecer o seu espectáculo Circo doble expresso. Trátase do quinto espectáculo deste tipo ideado polos artistas Raquel e Girisho, cunha experiencia de máis de 20 anos de traxectoria circense contemporánea ás súas costas. A función, que tivo que cambiar o seu  emprazamento inicial por mor das condicións meteorolóxicas, ía dirixida a un público familiar. Finalmente foi no polideportivo Castelao I onde se puido desfrutar desta peza na que dous artistas compiten entre si tratando de demostrar quen é o mellor en materia circense. Acrobacias, funambulismo e moito humor déronse a man nesta cita englobada no programa Burbullas da Cultura. Unha iniciativa organizada pola Xunta de Galicia e que contou coa colaboración do Concello de Ordes. 

Circo doble expresso animou a tarde do venres