spacer
CONVENIO DE COLABORACIÓN SUBSCRITO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E O CONCELLO DE ORDES PARA REALIZAR ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2025-2026

O Concello de Ordes iniciou os traballos de tratamentos preventivos de xeito mecanizado de 73 Ha nas marxes das vías e camiños forestais de titularidade municipal das parroquias de ARDEMIL, BUSCÁS, LESTA e MERCURÍN, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Ordes para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PEPAC) 2023-2027.

  • Superficie subvencionada (anualidade 2025): 73,00 Ha

  • Importe da axuda correspondente á anualidade 2025: 25.550,00 € .