Esta fin de semana tivo lugar no auditorio María del Carmen Regueira Amor, na Casa da Cultura ordense, o concerto de fin de curso da Escola Municipal de Música de Ordes. Unha cita que congregou a centos de persoas que encheron o patio de butacas para ver a actuación dos/das seus/súas. Ao longo de máis dunha hora sucedéronse as actuacións de diversos combos, poñendo de manifesto o bo facer e todo o aprendido ao longo destes meses. En conxunto foron arredor de 40 as persoas que deleitaron ao público con ritmos dos máis diversos estilos. 

O concerto de fin de curso da Escola Municipal de Música non defraudou