125 ciclistas participaron esta fin de semana no VI Trofeo de Ciclismo Concello de Ordes. Numeroso público achegouse pola tarde ata a alameda de Ordes para vivir o ambiente desa proba punturable para o Campionato Galego 2025 e que englobou as categorías Máster 30, 40, 50 e 60. O percorrido superou os 74 quilómetros e, ademais de Ordes, tamén transcorreu polo municipio de Cerceda. 

    Finalmente a clasificación xeral da carreira rematou con Adán Fra (1:45:41), do Viveiro C.C; Omar Pesqueira (1:45:41), do Bici o Con; José María Tajes (1:45:45); con Noriver Cycling Team; e Enrique Vázquez (1:45:45), do Tambre Team C.C,  encabezando os podios nas categorías Máster  30, 40, 50 e 60 respectivamente. Atendendo ao campionato galego a táboa quedou igualmente encabezada polos mesmos corredores agás na categoría Máster 40, na que resultou gañador Mikel Núñez (1:45:41) , do ClubMáster da Louriñ.

     Ademais da Federación de Ciclismo Galego e o propio Concello de Ordes, entre as entidades que fixeron posible este evento deportivo figuran: NorInver, montaxes e enxeñería; Bar Camiñante; Electricidade Galega; Silmaplast; Kömmerling; Club Cliclista Cidade de Santiago.

VI Trofeo de Ciclismo Concello de Ordes