45 nenos e nenas participan dende hoxe na que é a primeira semana do Summer Camp, o programa de conciliación que organiza o Concello de Ordes e desenvolve conxuntamente coa escola ConTalento. Un número que se incrementará notablemente a partir do mes de xullo, onde xa están inscritos arredor de 150 menores entre os 3 e os 12 anos. 

     Neste primeiro día e aproveitando as boas condicións meteorolóxicas a cativada fixo un paseo pola natureza, descubrindo máis dun dos segredos que hai na flora e fauna que habita o paseo fluvial Ramiro Recouso Liste. Incluso houbo tempo para desfrutar dunha sesión de contos. Xogos tradicionais, obradoiros creativos, música e movemento xornadas deportivas, traballos manuais, ciencia e natureza, ademais de actividades acuáticas completan o progama que lles teñen preparado para este verán.

Dá comezo o Summer Camp en Ordes