Terá lugar os días 26 e 27 de xullo e contará con exposicións de cans con premio para os mellores exemplares e campionatos de rastro de xabaril. Non faltarán as degustacións culinarias.

A XXXII Feira de Cans de Caza do Mesón do Vento xa ten data de celebración. Será a fin de semana do 26 e 27 de xullo. 

Na primeira xornada vai ter lugar o V Memorial Jorge Rivas, Campionato Rastro Xabaril Local e Profesional Modalidade Traílla, con premios para os tres primeiros clasificados de cada categoría. Pero o día grande chegará o domingo coa gran exposición de exemplares de todas as razas, que encherán o recinto feiral. Os/as afeccionados/as á cinexética poderán percorrer un bo número de postos con todo tipo de equipamento relacionado coa caza, os cales estarán situados no campo da feira, ademais dos de artesanía e alimentación. Xa ás 14 horas entregaranse os trofeos aos mellores exemplares desta edición. A continuación celebrarase un gran xantar no que non vai faltar o polbo e o bo  churrasco. Como é costume tampouco faltarán as degustacións de caza polos establecementos da zona.  

A día de hoxe continúa aberto o prazo de inscrición ou reserva no teléfono 689 550 728.

Ademais do Concello de Ordes, este ano colaboran na feira as seguintes  empresas e entidades: Federación Galega de Caza, Mesa Galega pola Caza, Agro Silva, Agro Visantoña, Nudesa, Santiago Roma, Arión, Ríos e Montes.