O Museo do Traxe Juanjo Liñares foi o marco escollido por Antonio José Francisco Rey para presentarlle ao público o seu poemario titulado Son Galego.

O acto celebrado o venres, 27 de xuño, contou tamén coa participación do gañador do VI Premio Eduardo Pondal, Manuel Vázquez. José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde de Ordes, foi outro dos participantes.  

O libro está publicado pola editorial Medulia e conta con prólogo de Suso de Toro.

Presentación do poemario Son Galego