Festa dos/as socios/as do Jogafán F.S.
Terá lugar o sábado 28 de xuño no pavillón Castelao II
Os socios e socias do Club Jogafán Fútbol Sala celebrarán o sábado 28 de xuño a súa festa. Un día de celebración que tamén se estende ás categorías inferiores. O plan consiste nunha gran churrascada no pavillón Castelao II, que contará tamén con música, sorteos e inchables. A diversión arrancará xa cunha sesión vermú e continuará ao longo de todo o día. O prezo para as persoas que non sexan socias será de 25 euros. Os nenos e nenas ata 6 anos poderán acudir de balde. As persoas que teñan pensado asistir deberán comunicalo chamando aos teléfonos 676 540 978 e 608 451 723.
Organizada polo Club Jogafán Fútbol Sala, esta celebración conta coa colaboración do Concello de Ordes.
