Xa está en marcha o curso de manexo de carretilla elevadora (segundo norma UNE 58451), levado a cabo conxuntamente polo Concello de Ordes e a Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Ordes (Asdecomor). Os 20 alumnos/as matriculados acudiron no día de onte á aula situada no Mercado Agrario Comarcal do Mesón do Vento para participar na xornada inaugural. Alí foron recibidos pola concelleira de Política Social, Igualdade, Diversidade, Educación e Traballo, Susana García, ademais de polo xerente da Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Ordes, Domingo Lojo. 

    Esta acción formativa consta de 11 horas onde se imparten tanto coñecementos teóricos como prácticos ao longo de dous días. Conta co financiamento da Xunta de Galicia, da Unión Europea e do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Arranca o curso de manexo de carretilla elevadora