Pechará o 18 de xuño. Poderase cursar máis dunha materia
 
A Escola Municipal de Música de Ordes manterá aberto ata o 20 de xuño o prazo para os novos ingresos no vindeiro curso 2025-26. Os formularios de solicitude e domiciliación bancaria xa están á disposición nas redes sociais municipais, así como na web do centro www.emmordes.com. 

     O modelo de matrícula sinxela dá opción a cursar unha única materia. Poderase escoller entre Instrumento (é necesario ter coñecementos mínimos de linguaxe musical), Música e Movemento (de 3 a 5 anos), Formación Básica (6 e 7 anos) e Linguaxe Musical (+7 anos).

     De cursar máis dunha materia deberase optar pola matrícula completa, na que o alumnado deberá escoller entre Formación Básica (6 e 7 anos) ou Linguaxe Musical (+7 anos) e Instrumento. A maiores tamén se poderá optar por outras disciplinas colectivas como Banda Escola, Big Band, Coro, Música de Cámara, Combo Folk e Combo Rock. 

     Entre a ampla variedade de instrumentos que se poden escoller para cursar na escola figuran: Óboe, clarinete, frauta, saxofón, trompeta, trompa,  trombón, bombardino, tuba, piano, guitarra (clásica, eléctrica e baixo), percusión (clásica e moderna), violín, violonchelo e contrabaixo.

     O custo da matrícula ascende a 67 euros e o pagamento mensual ascende a 20 euros por cada materia, tendo as familias numerosas un desconto do 50%.

A Escola Municipal de Música de Ordes abre o prazo de matrícula para novos ingresos