Terá lugar a última semana de xuño e no mes de xullo. Nel poderá participar a rapazada con idades entre os 3 e os 16 anos
 
O Club Patinaxe Galia convoca para os próximos meses de xuño e xullo o seu campus de verán, o cal vai dirixido a nenos e nenas de 3 a 16 anos. 

     De luns a xoves, de 10 a 13 horas, no pavillón Campomaior levaranse a cabo actividades de diversa índole como patinaxe, preparación física ou coreografías. Pero non todo vai ser patinar, tamén teñen pensadas saídas á piscina, xogos como a caza do tesouro ou traballos manuais, entre outras actividades. O prezo é de 35 euros mensuais e 20 euros a quincena.

     Cómpre precisar que para poder participar neste campus non é necesario ser integrante do club, nin ter coñecementos de patinaxe. Ás persoas que nunca acudiran antes a esta cita bríndaselles a posibilidade de asistir de balde, previa inscrición, do 23 ao 30 de xuño. 

     Para máis información ou calquera outro trámite é preciso chamar ao teléfono 645 871 503.

O Club Patinaxe Galia convoca o seu Campus Verán 2025