Clausurado o curso de cestería tradicional que ao longo do mes de maio se impartiu no centro sociocultural Isabel Zendal, na vila ordense. Grazas a esta iniciativa cada sábado, agás o día 17 por mor da celebración das Letras Galegas, as persoas asistentes aprenderon como confeccionar cestos, canastros e outros elementos con vimbio. Cómpre sinalar a boa acollida que tivo esta iniciativa, contando cun amplo número de persoas participantes. Nesta última xornada da fin de semana achegouse ata o local Abel Blanco, concelleiro de Cultura, Asociacionismo Veciñal, Atención e Participación Cidadá.  

Finalizado o curso de cestería tradicional