O acto estivo encabezado polo seu autor, Xosé M. Fernández Pensado

Coa presenza do seu autor, Xosé Manuel Fernández Pensado, o Museo do Traxe Juanjo Liñares acolleu hai escasos días a presentación do libro As vellas de Mens. Un traballo no que o tamén coñecido como Manel de Aturuxo, narra a súa experiencia directa a carón deste grupo de cantareiras. Sobresae o mérito deste grupo de mulleres xa entradas en idade e procedentes do eido rural que foron capaces de manter a súa actividade folclórica ao longo de varios anos, facendo partícipes dela e milleiros de persoas máis aló da súa Galicia natal. 

Este traballo adquire unha especial relevancia por ser este 2025 o ano no que a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas á poesía popular oral, personificando nas cantareiras o labor crucial na preservación e difusión da cultura galega 

No acto tamén participaron membros da editorial Galaxia, así como o director do Museo do Traxe Juanjo Liñares, Manuel Viqueira. As vellas de Mens conta con prólogo de Xosé Manuel Varela e epílogo de Felipe-Senén López.

O Museo do Traxe arroupa a presentación do libro As vellas de Mens