Organizado polas ANPAS dos CEIP Castelao e Campomaior, desenvolverase durante todo o día na Casa da Cultura e contará cun total de cinco pezas

En colaboración co Concello de Ordes as ANPAS dos colexios Castelao e Campomaior levarán a cabo o II Maratón Teatral Concello de Ordes. Será este vindeiro domingo, 1 de xuño, ao longo de toda a xornada na Casa da Cultura. 

     Os encargados de levantar o pano ás 12 horas e inaugurar esta nova edición serán os integrantes do grupo local Abaixo o telón de Ordes, coa peza O Chirimbolo. A continuación, ás 13 horas, será a quenda para a Escola de Teatro APA As Mariñas con O achado do castro. 

     Abaixo o telón de Ordes volverá ter a responsabilidade de marcar o punto de arranque na tarde. Terán dobre pase, ás 16.30 e ás 18 horas, con Romeo e Xulieta e Mergullarse na auga.  Xa para concluír, a Escola Municipal de Teatro de Ordes pechará coa obra Meigas Fóra.

Este domingo terá lugar o II Maratón Teatral Concello de Ordes