Workneh Fikire Serbessa e Lara Castro, gañadores da XXVIII Carreira Popular Concello de Ordes
A proba, que tivo lugar esta fin de semana, contou con máis de 240 atletas inscritos
A listaxe de participantes na XXVIII Carreira Popular Concello de Ordes superou as 240 persoas inscritas. Dende ben cedo corredores e corredoras de todas as categorías congregáronse nas inmediacións do Concello e da alameda, lugar onde se situou o punto de saída, así como a meta.
Workneh Fikire Serbessa, Pero Liste Monteagudo (ambos do Club Narón) e David Santos (Club Atletismo Santiago) foron os tres primeiros clasificados masculinos dentro da categoría absoluta. O tempo no que o primeiro deles tardou en completar os 8,5 quilómetros do itinerario foi de 00:27:04. Os seguintes lográrono en 00:27:39 e 00:27:49. No caso das mulleres a primeira en subir ao podio foi Lara Castro, integrante do Club Atletismo Tambre, cun tempo de 00:33:04, seguida de Andrea Díaz Iglesias (00:36:09) e Rosana Fernández Martínez (00:38:42) dos clubs Ría Ferrol e SD Compostela Atletismo respectivamente.
Na categoría Sub 10 o gañador foi Mateo Vilela (Atletismo Millaraio) seguido por Adrián Rodríguez (Atletismo Obradoiro) e Miguel Ángel Mira (A.D. Fogar). Mireia Díaz (Olympo As Pontes), Jacqueline Cobos (Atlética A Silva) e Paula Campos (Atletismo +9 Moraña) foron as máis veloces dentro do grupo feminino. No que respecta á Sub 12 destacou o traballo dos corredores do Club Atletismo Sada, ocupando Nicolás Amado e Antonio Sanmartín o primeiro e segundo posto respectivamente, sendo o terceiro para Álvaro Rodríguez (Club Atletismo Tambre). Na categoría Sub 14 Raúl Mata (Club Atletismo Fontes do Sar), José Ignacio Malvárez (Club Triatlón Inforhouse Santiago) e Mouaaz Alrahi foron os máis veloces, sendo no caso das mulleres Judit Barros (Atletismo +9 Moraña), Carla Suárez e Noelia Souto (Club Atletismo Tambre) as primeiras en atravesar a liña de meta. Atendendo á Sub 16 conquistaron o marcador Brais Rey (Club Atletismo A Estrada), Brais Rendo (Club Triatlón Inforhouse Santiago) e Martín Demetrio Villar, así como Sofía Malvárez (Club Triatlón Inforhouse Santiago), Icía Castro (Club Atletismo Tambre) e Martina López (S.D. Compostela Atletismo).
Atendendo á categoría Máster 1-2 masculina foi Workneh Fikire Serbessa o que acadou o mellor tempo tanto da proba como de toda a carreira. Estivo seguido de Borja Nouche (Club Atletismo Tambre) e Esteban Díaz (Club Atletismo Narón) con tempos respectivos de 00:29:08 e 00:29:14. Na proba feminina as gañadoras foron Isabel Bello, Fina Blanco (Club Atletismo Sar) e Danel de Vries (Running Arteixo) con tempos de 00:40:06, 00:40:18 e 00:42:02.
Dentro da proba Máster 3-4 masculina sobresaíron Míchel Martínez (Club Atletismo Outes Mariscos Antón), Manuel González (Atletismo Arenteiro) e Antonio Baamonde (NoSportLimit), mentres que na feminina o fixeron Marisa Escalona (Club Atletismo Orippo), Mari Piñeiro e Luísa Calvo.
A XVIII Carreira Popular Concello de Ordes forma parte do programa do XI Circuíto de Carreiras da Deputación da Coruña e nela, ademais do Concello de Ordes, tamén participou a Federación Galega de Atletismo.
Entre as entidades que este ano colaboraron coa cita figuraron Jaime Castro, Seguros Reale, Nocilla, froitería A Nova, Gadis, carnicería Enrique, Feiraco e escavacións Candal.
