A actividade, que forma parte do programa das Tardes de Contos e Lendas, está dirixida a nenos e nenas de 0 a 3 anos de idade

Nova cita coas Tardes de Contos e Lendas na Biblioteca Municipal de Ordes. Será este próximo venres, 23 de maio, ás 18.30 horas para os nenos e nenas de 0 a 3 anos. 

O grupo artístico Tilintilonia ofrecerá o relato O baúl da Tía Tola. A capacidade máxima é de 25 persoas, polo que é necesario inscribirse previamente no mesmo centro, situado nos baixos da alameda, ou ben chamando en horario de mañá ao teléfono 981 681 992.

Esta actividade englóbase dentro do programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas Ler conta moito, organizado pola Xunta de Galicia.

O baúl da Tía Tola, este venres na biblioteca municipal