Este sábado terá lugar o IX Festival Herdanzas
Terá lugar na Casa da Cultura de Ordes a tarde do sábado.
O IX Festival Herdanzas vaise celebrar este próximo sábado, día 24, a partir das 17 horas no auditorio María del Carmen Regueira Amor, situado na Casa da Cultura de Ordes.
Nesta edición o cartel está encabezado polos grupos Tahúme, Embruxo Gaiteiros e a A.C. Camiño Real. Continuando co recoñecemento que este ano a Real Academia Galega lles brindou polo Día das Letras Galegas ás cantareiras e á poesía popular oral, o festival honrará á herdanza deixada polas cantareiras da vila ordense. En representación de todas elas subirán ao escenario para deleitar coa súa arte Mercedes, Lola e Flora.
O esforzo e a dedicación da A.C. Camiño Real, así como os do Concello de Ordes e a Deputación da Coruña fixeron posible esta cita.
