Cheo total na XIII Exhibición de Patinaxe Artística
O pavillón Castelao I rexistrou un cheo absoluto esta fin de semana co gallo da XIII Exhibición de Patinaxe Artística. Unha cita que non se quixeron perder tanto os familiares máis achegados, como as amizades, profesorado e adestradores/as dos máis de 200 nenos e nenas que participaron nesta cita. Toda a rapazada formaba parte tanto do Club de Patinaxe Artística Galia, coma dos grupos dos colexios Castelao, Campomaior e O Mesón do Vento. Finalizada a exhibición as concelleiras de Deportes e Comercio, Ana Soneira e Yessica López, foron as encargadas de entregar as medallas.
Organizado polo Club de Patinaxe Artística Galia a xornada contou coa colaboración do propio Concello de Ordes, da Xunta de Galicia e Deporte Galego.
