O prazo para apuntarse abre o próximo luns e terán preferencia as persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego

En colaboración co Concello de Ordes e a A Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Ordes (Asdecomor), convócase para os días 4 e 5 de xuño un curso de manexo de carretilla elevadora (según norma UNE 58451). Esta acción formativa de 11 horas de duración desenvolverase no Mercado Agrario Comarcal do Mesón do Vento. 

     As persoas interesadas deberán inscribirse dende o día 19 (9h) ata o 23 de maio (14h) a través do enderezo electrónico asdecomor@telefonica.net. Terán preferencia as persoas desempregadas inscritas como demandantes no Servizo Público de Emprego. Deberán aportar o seu nome e apelidos, enderezo electrónico, teléfono, volante de empadroamento e a tarxeta de demandante de emprego actualizada. Poderase atopar toda a información na web www.ordes.gal ou ben chamando ao departamento municipal de emprego ao 981 68 00 02 (ext 6).

     Este curso está financiado por: Xunta de Galicia, Unión Europea e Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Curso de manexo de carretilla elevadora