Unha ducia de persoas participaron este sábado na primeira xornada das catro que se inclúen no curso de cestería. Nesta primeira cita, desenvolvida no centro sociocultural Isabel Zendal, aprenderon os primeiros pasos para a creación dun cesto. Finalmente, e tras unha tarde de traballo, todos e todas viron finalizado o seu labor. O curso de cestería tradicional galega é unha iniciativa organizada polo Concello de Ordes. As próximas clases están marcadas no calendario para os sábados 10, 24 e 31 de maio.

Primeira xornada do curso de cestería tradicional