One-day Camp, a mellor opción para esta ponte en Ordes
Un total de 15 nenos e nenas participaron esta mañá no One-day Camp, o campamento de conciliación organizado polo Concello de Ordes para esta xornada de ponte para a rapazada con idades entre os 3 e os 12 anos.
Como de costume a xornada desenvolveuse no centro sociocultural Isabel Zendal. Alí, entre outras actividades, tiveron encontros e accións formativas e lúdicas como traballos manuais, creatividade e enxeño, música e movemento ou xogos tradicionais. A pesar da chuvia caída en Ordes esta mañá a meteoroloxía lles deu tregua nalgún intre para realizar exercicios e coreografías ao aire libre.