Aecor entregará o I Trofeo Champiñón de Ouro
Co gallo da Festa do Champiñón e a través dunha votación popular, a asociación escollerá a mellor tapa elaborada co produto estrela desta celebración. Cada participante entrará no sorteo dun bono de 50 euros.
En colaboración co Concello de Ordes e a Xunta de Galicia, Aecor Ordes lanza unha nova campaña que xira arredor da Festa do Champiñón, a cal terá lugar esta fin de semana.
O obxectivo é o de dinamizar a hostalería local á par que se fomenta o consumo nos establecementos asociados e se promove a creatividade gastronómica. A través da App AecorClub a clientela poderá puntuar a tapa de bares e restaurantes a través do código QR asignado a cada establecemento. A mellor valorada obterá o I Trofeo Champiñón de Ouro 2025. As persoas que participen nesta votación automaticamente pasarán a formar parte do sorteo dun bono de 50 euros, que se poderá trocar posteriormente en calquera dos negocios asociados.
Os locais hostaleiros que participan nesta iniciativa son os seguintes: Doniña, Lesta, Gerardo, A Barrica, O Túnel, Feitizo, Pizzaría Pikoliño, Casa rural Antón Veiras, A Bolera, Casty´s, Vaivén Bar, O Rancho, San Roque, Maral, Casa Barreiro, Cervecería PJ, La Terraza, Mesón do Pulpo Guindiboo, O Forno, O Recuncho de Deus, A Campana e Onyx Ordes.
