Novo campamento de conciliación
O One-day Camp terá lugar o 2 de maio para nenos e nenas de 3 a 12 anos. O prazo para apuntarse rematará o martes 29 de abril
O Concello de Ordes organiza un novo campamento de conciliación para o vindeiro 2 de maio, xornada festiva no eido académico debido á ponte polo Día do traballador (Primeiro de maio). O prazo para poder apuntarse ao One-day Camp permanecerá vixente ata o vindeiro martes, 29 de abril, no departamento de Educación situado no primeiro andar do Concello (981 680 002. Ext. 3)
Pensado para nenos e nenas escolarizados con idades entre os 3 e os 12 anos, durante a xornada desenvolveranse no centro sociocultural Isabel Zendal actividades creativas, musicais e lúdicas. Traballos manuais, creatividade e enxeño, música e movemento ou xogos tradicionais son algunhas das sesións preparadas polos monitores e monitoras encargados.
O prezo é de 4 euros, tendo as familias numerosas un desconto do 50%. Ademais, ábrese a posibilidade de contratar servizos complementarios como o de madrugadores, almorzo ou xantar ou mesmamente o servizo de mediodía. En calquera destes casos haberá que solicitalo a través da páxina web https://escuelacontalento.es/oneday-camp-ordes/
