Esta mañá deron comezo as actividades de conciliación de Semana Santa organizadas polo Concello de Ordes e nas que participan un total de 45 nenos e nenas de 3 a 12 anos. Grazas ao Easter Camp as familias residentes no municipio teñen a posibilidade de compaxinar as vacacións académicas dos seus fillos e fillas coas súas actividades profesionais. 

Todos e todas as participantes poderán realizar distintas actividades como  xincanas, xogos tradicionais e deportivos, música e movemento, ciencia divertida ou traballos manuais. As seguintes sesións terán lugar ata este mesmo mércores e, tras un paro o xoves e venres santos, regresarán o vindeiro luns, día 21. Como de costume esta iniciativa realízase en colaboración coa escola Contalento.

Arrancan as actividades de conciliación de Semana Santa