Terá lugar o 18 de abril e contará coas orquestras Unión e Fuerza e París de Noia

Novamente o Concello de Ordes colabora coa comisión de festas de Parada para a posta en marcha da súa Festa da Xuventude. Unha celebración que este ano está marcada no calendario para o vindeiro 18 de abril. 

Será a partir das 23 horas cando as orquestras Unión y Fuerza e París de Noia ocupen o escenario para facer desa noite unha festa sen pausa. Festa, que tal e como se di no cartel, está pensada para “os mozos, os que non son tan mozos e para os que din xa non estar para estas cousas”.

A mocidade de Parada prepara a súa festa