Castelao, un corazón á itempérie, chega a Ordes
Numeroso público familiar acudiu a ver a obra teatral Castelao, un corazón á itempérie este venres pola tarde na Casa da Cultura de Ordes.
Da man da compañía Fantoches Baj, a obra baséase na homenaxe que no seu día Daniel Varela Buxán, dramaturgo e primeiro director de Os vellos non deben de namorarse, lle rendera a Castelao tras o seu pasamento no ano 1950. Un traballo que daquela tan só puideron desfrutar un pequeno número de persoas xa que a censura e a situación política non facía viable a súa representación pública para o público xeneralista.
Castelao, un corazón á itempérie forma parte do programa de dinamización lingüística Falaredes, desenvolvido pola Xunta de Galicia.
