Visita a Zamora, Salamanca e La Alberca
As preto de 30 persoas que participaron esta fin de semana na viaxe por terras de Castela e León regresaron a Ordes más que satisfeitas coa excursión programada. Cada unha delas tivo a ocasión de poder ver de primeira man as localidades de Zamora e Salamanca, onde non deixaron de visitar as súas catedrais e, no caso da cidade do Tormes, a Casa das Conchas ou a fachada da Universidade, entre outros puntos. Tamén foron moitos e moitas os que desfrutaron da súa gastronomía botándolles o dente a produtos tan típicos como o fornazo. Incluso houbo tempo para achegarse ata a Serra de Francia e facer unha parada na pictórica vila de La Alberca.
