Xa teñen confirmada a súa participación preto de 200 persoas

A pouco máis de 3 días para que conclúa o prazo para apuntarse na andaina solidaria contra o cancro que terá lugar en Ordes este próximo domingo, xa son preto de 200 as persoas que teñen confirmada a súa asistencia.  
 
     A saída será ás 10 da mañá dende o Campo da Feira e transcorrerá polo paseo fluvial Ramiro Recouso Liste e os núcleos de Penelas e Vilaverde para regresar novamente ao punto de inicio. Un percorrido de poucos quilómetros e accesible tanto para a xente nova coma maior. Quen o desexe xa se pode apuntar, logo do pago de 5 euros ou de 3 se se trata de nenos ou nenas de ata 12 anos. Poderase facer no bar Salón, situado na rúa Parque Municipal, ou ben a través do enlace https://enmarcha.contraelcancer.es/es/evento/ordes-en-marcha-contra-o-cancro-2025. Tamén se pode colaborar adquirindo algún dorsal solidario sen necesidade de ter que realizar o percorrido a pé. 

     Esta iniciativa corre a cargo da Asociación Española Contra o Cancro en Ordes e do Concello de Ordes. Conta co patrocinio de Macoga, Vegalsa Eroski e Solán de Cabras.