• A Xunta prevé aprobar o proxecto no outono para, a finais de ano, realizar o levantamento de actas previas das expropiacións e licitar as obras a continuación 

  • O proceso de información pública realizarase en vindeiras datas, cun prazo dun mes

  • As obras, cun prazo de execución de 6 meses, consistirán na construción dun novo itinerario, cunha lonxitude total de 1780 metros e con dous tramos ― O primeiro treito comeza no punto quilométrico 19+600 da estrada, partindo da senda existente na marxe dereita, e continúa ata a beirarrúa do punto 20+920; e o segundo vai pola marxe esquerda, desde o punto 2 ata a glorieta cara á N-550

  • Trátase de continuar a senda executada no límite de Ordes e Carral, na AC-542, con motivo do paso do Camiño Inglés, e conectala coa N-550, en Mesón do Vento

O Consello da Xunta deulle hoxe luz verde á aprobación provisional do proxecto para construír unha nova senda na estrada AC-542 en Ordes, que suporá un investimento  autonómico de preto de 1,2M €.

A Xunta prevé poder aprobar o proxecto no outono para, a finais de ano, poder realizar a convocatoria de levantamento de actas previas das expropiacións, e licitar as obras a continuación.

Para levar a cabo esta intervención será necesaria a expropiación de 27 parcelas, todas no concello de Ordes.

O proceso de información pública, para os efectos da Lei 8/2013, de estradas de Galicia, e para os efectos expropiatorios, realizarase en vindeiras datas, e por un prazo dun mes.

As obras, cun prazo de execución de 6 meses, consistirán na construción dun novo itinerario, que sumará unha lonxitude total de 1780 metros e contará con dous tramos.

O primeiro treito comeza no punto quilométrico 19+600 da estrada, partindo da senda existente na marxe dereita, e continuando ata a beirarrúa do punto 20+920.

O segundo tramo discorrerá pola marxe esquerda, desde o punto 21+000 ata a glorieta que conecta coa N-550, no punto 21+380.

O obxectivo é dar continuidade á senda executada no límite dos municipios de Ordes e Carral, na AC-542, con motivo do paso do Camiño Inglés, e conectala coa N-550, ao seu paso por Mesón do Vento.

O CONSELLO DA XUNTA AUTORIZA O PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA SENDA NA ESTRADA AC-542 EN ORDES, QUE SUPORÁ UN INVESTIMENTO DE CASE 1,2 M €